TODOS OS XABÓNS CON LEITE DE BURRA

XABÓN D'ALLARIZ HIDROALCOHÓLICO

€6,00 EUR

 

 O PRIMEIRO XABÓN HIDROALCOHÓLICO SÓLIDO DO MERCADO.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), lavarse as mans con frecuencia a través dun desinfectante a base de alcol ou con auga e xabón mata o virus SARS- CoV-2 responsable desta pandemia.

Seguindo esta recomendación, Xabón D'Allariz elabora o primeiro "Xabón Hidroalcohólico sólido", que aúna a acción desinfectante do ALCOL coa eficacia do XABÓN para desactivar o virus.


O XABÓN E O ALCOL DESACTIVAN O VIRUS: AMBOS DESTRÚEN A CAPA PROTECTORA DA CÉLULA DO VIRUS.

O xabón hidroalcohólico Xabón D’Allariz ten unha dobre acción contra o COVID 19:

Por unha banda, o XABÓN, grazas ás súas propiedades tensoactivas é capaz de disolver a membrana lipídica protectora do virus, composta de ácidos graxos, que son disoltos destruíndo a súa estrutura. Así o virus perde a capacidade de adherirse ás células e infectalas, vólvese inactivo e é arrastrado pola auga do lavado.

Polo outro lado, o ALCOL é un antiséptico capaz de inutilizar as proteínas da envoltura vírica, de maneira que o virus queda inactivado, porque é incapaz de penetrar nas células e infectalas.


XABÓN D’ALLARIZ HIDROALCOHÓLICO
É EFICAZ PARA MANTER A HIXIENE, AO MESMO TEMPO QUE MANTÉN A PEL PROFUNDAMENTE HIDRATADA.

Elaborado artesanalmente en Allariz, Xabón D’Allariz Hidroalcólico hidrata e nutre a pel grazas ao LEITE DE BURRA, que posúe unha alta cantidade de Retinol natural. O xabón está ademais enriquecido con MANTEIGA DE KARITÉ, gran regenerador e reparador dá pel.

Todo isto fai que Xabón D’Allariz Hidroalcohólico sexa un xabón tanto para a hixiene persoal como para o coidado dá pel de toda a familia.


XABÓN D’ALLARIZ HIDROALCOHÓLICO
É CAPAZ DE DESACTIVAR OS VIRUS AO MESMO TEMPO QUE ACHEGA Á PEL SUAVIDADE E HIDRATACIÓN PROFUNDA.


códigos inci


Envío gratuito a partir de 20 euros de compra

Agasallo dun xabonciño hidroalcohólico sólido pola túa compra