Propiedades HIDRATANTES, REXENERADORAS e NUTRITIVAS de Xabón D'Allariz

        

Á parte da lenda que acompaña a este ingrediente venerado desde tempos inmemoriais, como os baños de Cleopatra que eran o fundamento da súa beleza,
...HOXE DÍA OS LABORATORIOS CONSTATARON CIENTIFICAMENTE OS BENEFICIOS DO LEITE DE BURRA PARA A PEL.

Beneficios do leite de burra:

  • Posúe alto contido de RETINOL NATURAL (Vitamina A): repara o tecido danado, reseco ou desnutrido e mantén a pel SUAVE e HIDRATADA.
  • REXENERA A PEL debido aos seus altos niveis de proteína, fosfolípidos e vitaminas A, B, C,D, e E.
  • Reduce calquera irritación e descamación da pel.
  • Mellora, eccemas, dermatites e psoriases.
  • Contribúe a mellorar as ALERXIAS e a ACNE.
  • Ten un ph moi próximo ao da pel humana, polo que axuda a equilibrar o balance hidrolipídico.

A MANTEIGA DE KARITÉ

Coñecida como o secreto de beleza das mulleres africanas, a MANTEIGA DE KARITÉ é unha poderosa fonte de propiedades para o coidado da pel e o cabelo.

TODA A MANTEIGA DE KARITÉ COA QUE SE ELABORA Xabón D'Allariz É ECOLÓXICA CERTIFICADA.

Os 4 principais beneficios da Manteiga de Karité son:
  1. HIDRATACIÓN. A súa principal virtude é a súa capacidade de hidratar en profundidade a epidermis. Permite á pel manterse mais flexible e sa.                    
  2. NUTRICIÓN. É rica en vitaminas A,D,E e F, moi adecuada para nutrir intensamente a pel e o cabelo.                                                                                
  3. PROTECCIÓN. Grazas ás súas propiedades anteriores, Protexe a pel dos efectos ambientais: sol, frío, choiva…                                                                     
  4. REXENERACIÓN E CICATRIZACIÓN. A manteiga de karité rexenera e repara a pel grazas ao seu alto contido en vitaminas naturais.

O seu uso recoméndase mesmo para as peles graxas, pois non obstruye os poros. É por tanto unha boa opción para hidratar a pel con acne.

 
  

Envío gratuito 24 h a partir de 30 euros de compra (Península)

Regalo de un Burrito Xabón D'Allariz Aromático con tu pedido.