€19,95 EUR
Esta caixa regalo inclúe 5 xabóns de 50 grs. con leite de burra e manteiga de karité con fragrancias variadas.
PERSONALIZA A TÚA CAIXA: Podes elixir as 5 fragrancias preferidas, deixando o teu comentario no apartado "Comentarios" cando fagas click na opción Engadir á Cesta. Se non nos indicas nada, elixiremos nós por tí...
FRAGANCIAS PARA ELEXIR...
FRESCURA DE ANTAÑO: o seu aroma lembra ao xabón "de antes", ao das nosas avoas, ao xabón "de sempre"...
MADRESELVA: este xabón cheira a flor doce, a noites de verán, ao cheiro do xardín, a infancia… quizais queiras probalo?.
ALBARICOQUE: se che gusta o aroma doce e afrutado, este é o teu xabón. É o xabón preferido das nenas e nenos.
OCÉANO FRESCO: aroma suave, pero moi fresco. Ideal para persoas que lles guste un aroma refrescante no seu xabón.
LAVANDA: aroma tradicional nos nosos fogares. É calmante e tranquilizador. Estimula a sensación de serenidade.
VIOLETA: doce aroma suavizado por un toque florar de violeta.
TÉ DE ROSAS: un fermoso e agradable aroma intenso de dozura exquisita. ACTUALMENTE ESGOTADO. EN BREVE VOLVERÁ A ESTAR DISPOÑIBLE ¡¡¡
MENTA: aroma intensamente refrescante.
VAINILLA: doce e intenso...
Estes xabóns con leite de burra enriquecidos con manteiga de karité e fragrancias variadas de 50 gramos, posúen as mesmas propiedades HIDRATANTES, REGENERADORAS e NUTRITIVAS que os xabóns de 100 gramos pero en formato máis pequeno e práctico.
Todos os beneficios obtidos coa venda dos xabóns destínanse a subvencionar os programas terapéuticos asistidos con burros para persoas con diversidade funcional da Asociación A.N.D.R.E.A.
......................................................
Xabón D'Allariz
Allariz (Ourense). Galicia.
xabondallariz@gmail.com
Tel/Whatsapp:
988 442534 696971670
Recibe as últimas novidades e descontos...
© 2024 xabondallariz. Tecnoloxía de Shopify