BURRIÑO Xabón D'Allariz FRAGANCIAS VARIADAS

€2,50 EUR

BURRIÑO Xabón D'Allariz FRAGANCIAS VARIADAS

 ❤️ PREZOS ESPECIAIS A PARTIR DE 35 BURRIÑOS ❤️

DESDE 35 ATA 59 BURRIÑOS: 2€ UD. CÓDIGO DESCONTO: 9R0HYXH5CMH7

DESDE 60 ATA 119 BURRIÑOS: 1,90€ UD. CÓDIGO DESCONTO: NGAX6MP5R9JN 

DESDE 120 ATA 219 BURRIÑOS: 1,80€ UD.CÓDIGO DESCONTO:MJMQSZFE0ABK

DESDE 220 ATA 300 BURRIÑOS: 1,70€ UD.CÓDIGO DESCONTO:30SCNH5XGHSX

¡¡¡UTILIZA O CÓDIGO DE DESCONTO AO FINALIZAR O TEU PEDIDO¡¡¡

E se tes calquera dúbida, contacta connosco

Este xabón en forma de burriño, do mesmo xeito que a pastilla de xabón de 100 grs.e de 50 grs. elabórase con leite de burra e manteiga de karité.

É un precioso detalle para regalar. Inclúe unha bolsita de organza branca, e unha tarxeta na que aparece toda a información do xabón. É tamén unha forma de probar Xabón D'Allariz, nun formato máis pequeno. Aos nenos e nenas encántalles...

Hai persoas que lles gusta colocar o burriño primeiro nun armario, un caixón ou no baño, pois ao ir nunha bolsita de organza, deixa saír todo o aroma. Pero despois merece a pena utilizalo, pois deixa a pel moi suave e hidratada.

 

DISPONIBLE EN 9 FRAGANCIAS:

FRESCURA DE ANTAÑO: o seu aroma lembra ao xabón "de antes", ao das nosas avoas, ao xabón "de sempre"...

MADRESELVA: este xabón cheira a flor doce, a noites de verán, ao cheiro do xardín, a infancia… quizais queiras probalo?.

ALBARICOQUE: se che gusta o aroma doce e afrutado, este é o teu xabón. É o xabón preferido das nenas e nenos.

OCÉANO FRESCO: aroma suave, pero moi fresco. Ideal para persoas que lles guste un aroma refrescante no seu xabón.

LAVANDA: aroma tradicional nos nosos fogares. É calmante e tranquilizador. Estimula a sensación de serenidade.

VIOLETA: doce aroma suavizado por un toque florar de violeta.

TÉ DE ROSAS: un fermoso e agradable aroma intenso de dozura exquisita.

MENTA: aroma intensamente refrescante.

VAINILLA: doce e intenso...

Estes xabóns con leite de burra enriquecidos con manteiga de karité e fragrancias variadas en forma de burriño, de 17 gramos,  posúen as mesmas propiedades HIDRATANTES, REGENERADORAS e NUTRITIVAS mesmas que os xabóns de 100 gramos, pero en formato máis pequeno e decorativo.


Códigos INCI

 


Envío gratuito 24 h a partir de 25 euros de compra.

Regalo dun burriño de xabón con teu pedido.