APADRIÑAMENTO

Donativo anual. Envío gratuito

€60,00 EUR

APADRIÑAMENTO

Ao engadir o apadriñamento á CESTA DE COMPRA, podes indicarnos no espazo que pon "Nota", se tes un burro ou burra elixida e se é un agasallo solidario para enviar a outra persoa, indícanos por favor os seus datos (nomee/apelido/dirección). Se non tes ningunha preferencia, elixiremos nós o burro ou burra por ti...

O apadriñamento supón unha doazón de 60 € ao ano (que poderás desgravar na túa declaración da Renda, pois a Asociación A.N.D.R.E.A. foi declarada de Utilidade Pública) e que se destina á alimentación e coidados veterinarios dos animais acollidos.

Necesitamos uns días para personalizar o teu apadriñamento, así que unha vez realizado o apadriñamento, pode tardar 3/4 días en chegar.


Un bo modo de colaborar coa Asociación A.N.D.R.E.A. é apadriñar/ amadrinar a un dos nosos burriños. Temos dispoñibles no noso Programa de Amadrinamiento/Apadriñamento a doce dos nosos burriños, e aínda que a estes non chos poidas levar a casa, recibirás un certificado cunha foto do burriño escollido. Ademais durante o ano recibirás información de como está o burriño/á través do correo electrónico e se houbese algún acontecemento importante serías puntualmente informado/a.

O ser madriña ou padriño dun dos nosos burriños ten moitas vantaxes: Poderás visitar ao burriño/a ( e ao resto da manda) cantas veces queiras, levarlles algunha “lambetada”(cenorias, mazás…), cepillarlos, pastorear con eles pola zona núcleo da Reserva da Biosfera "Área de Allariz", fotografarche, ou simplemente pasar o día con eles, sen ningún outro custo.

O apadriñamento/ amadrinamiento é un agasallo ideal para familia ou amigos e, se nos dis a data e a dirección asegurarémonos de que o agasallo chegue o día indicado ao seu domicilio. Así non volverás esquecer un aniversario ou aniversarios!


Envío gratuito 24 h a partir de 25 euros de compra.

Regalo dun burriño de xabón con teu pedido.