Xabón D'Allariz NATURAL con LEITE DE BURRA e MANTEIGA DE KARITÉ BIO con aromas para todo tipo de pel

CAIXA REGALO 5 XABÓNS CON LEITE DE BURRA FRAGRANCIAS VARIADAS

€19,95 EUR

 

Esta caixa regalo inclúe 5 xabóns de 50 grs. con leite de burra e manteiga de karité con fragrancias variadas.

PERSONALIZA A TÚA CAIXA: Podes elixir as 5 fragrancias preferidas, deixando o teu comentario no apartado "Comentarios" cando fagas click na opción Engadir á Cesta. Se non nos indicas nada, elixiremos nós por tí...

 

FRAGANCIAS PARA ELEXIR...

FRESCURA DE ANTAÑO: o seu aroma lembra ao xabón "de antes", ao das nosas avoas, ao xabón "de sempre"...

MADRESELVA: este xabón cheira a flor doce, a noites de verán, ao cheiro do xardín, a infancia… quizais queiras probalo?.

ALBARICOQUE: se che gusta o aroma doce e afrutado, este é o teu xabón. É o xabón preferido das nenas e nenos.

OCÉANO FRESCO: aroma suave, pero moi fresco. Ideal para persoas que lles guste un aroma refrescante no seu xabón.

LAVANDA: aroma tradicional nos nosos fogares. É calmante e tranquilizador. Estimula a sensación de serenidade.

VIOLETA: doce aroma suavizado por un toque florar de violeta.

TÉ DE ROSAS: un fermoso e agradable aroma intenso de dozura exquisita. ACTUALMENTE ESGOTADO. EN BREVE VOLVERÁ A ESTAR DISPOÑIBLE ¡¡¡

MENTA: aroma intensamente refrescante.

VAINILLA: doce e intenso...

Estes xabóns con leite de burra enriquecidos con manteiga de karité e fragrancias variadas de 50 gramos, posúen as mesmas propiedades HIDRATANTES, REGENERADORAS e NUTRITIVAS que os xabóns de 100 gramos pero en formato máis pequeno e práctico.

Códigos INCI

Envío gratuito 24 h a partir de 30 euros de compra.

Regalo dun Burriño Xabón D'Allariz co teu pedido.