17 g.
€2,50 EUR
Este xabón en forma de burriño elabórase con leite de burra e manteiga de karité, do mesmo xeito que a pastilla de xabón de 100 grs. e de 50 grs.
É un precioso detalle para regalar. Inclúe unha bolsita de organza branca, e unha tarxeta na que aparece toda a información do xabón. É tamén unha forma de probar Xabón D'Allariz, nun formato máis pequeno. Aos nenos e nenas encántalles...
Hai persoas que lles gusta colocar o burriño primeiro nun armario, un caixón ou no baño, pois ao ir nunha bolsita de organza, deixa saír todo o aroma. Pero despois merece a pena utilizalo, pois deixa a pel moi suave e hidratada.
DISPOÑIBLE EN 9 FRAGANCIAS:
FRESCURA DE ANTAÑO: o seu aroma lembra ao xabón "de antes", ao das nosas avoas, ao xabón "de sempre"...
MADRESELVA: este xabón cheira a flor doce, a noites de verán, ao cheiro do xardín, a infancia… quizais queiras probalo?.
ALBARICOQUE: se che gusta o aroma doce e afrutado, este é o teu xabón. É o xabón preferido das nenas e nenos.
OCÉANO FRESCO: aroma suave, pero moi fresco. Ideal para persoas que lles guste un aroma refrescante no seu xabón.
LAVANDA: aroma tradicional nos nosos fogares. É calmante e tranquilizador. Estimula a sensación de serenidade.
VIOLETA: doce aroma suavizado por un toque florar de violeta.
TÉ DE ROSAS: un fermoso e agradable aroma intenso de dozura exquisita.
MENTA: aroma intensamente refrescante.
VAINILLA: doce e intenso...
Estes xabóns con leite de burra enriquecidos con manteiga de karité e fragrancias variadas en forma de burriño, de 17 gramos, posúen as mesmas propiedades HIDRATANTES, REGENERADORAS e NUTRITIVAS mesmas que os xabóns de 100 gramos, pero en formato máis pequeno e decorativo.
Todos os beneficios obtidos coa venda dos xabóns destínanse a subvencionar os programas terapéuticos asistidos con burros para persoas con diversidade funcional da Asociación A.N.D.R.E.A.
......................................................
Xabón D'Allariz
Allariz (Ourense). Galicia.
xabondallariz@gmail.com
Tel/Whatsapp:
988 442534 696971670
Recibe as últimas novidades e descontos...
© 2023 xabondallariz. Tecnoloxía de Shopify