€8,95 EUR
CHAMPÚ SÓLIDO BIO Xabón D’Allariz: TRATAMENTO CAPILAR CON LEITE DE BURRA E MANTEIGA DE KARITÉ QUE REVITALIZA E REXENERA O CABELO.
Trátase dun champú nutririvo elaborado con aceites ecolóxicos enriquecido con leite de burra e manteiga de karité BIO, compoñentes xa clásicos dos xabóns marca Xabón D’Allariz.
O leite de burra posúe propiedades NUTRITIVAS, REXENERADORAS E SUAVIZANTES para o cabelo, grazas ás vitaminas que contén e sobre todo, polo seu alto contido en RETINOL NATURAL (vitamina A), que repara as puntas abertas e o cabelo fráxil, quebradizo, deixándoo con brillo e suavidade.
A Manteiga de Karité BIO achega propiedades HIDRATANTES para o cabelo.
Xabón D’Allariz Champú Sólido BIO é un champú cremoso, nutritivo e acondicionador natural que devolve a hidratación e a vitalidade ao cabelo seco e danado.
INDICADO PARA TODO TIPO DE CABELOS
A esta base tan cremosa engadímoslle ACEITES ESENCIAIS.
ACEITE ESENCIAL DE ROMERO BIO. O aceite de romeu estimula a circulación propiciando o CRECEMENTO e FORTALECEMENTO do cabelo. Regula o exceso de graxa e a caspa. Alivia a irritación.
ACEITE ESENCIAL DE CEDRO. Os compostos bioactivos deste aceite esencial melloran a saúde do coiro cabeludo seco, con caspa, graxa, inflamación ou eccema.
Indicado para todo tipo de cabelos, tanto graxo, mixto ou seco. Ideal para o coiro cabeludo sensible. Aplicar cunha suave masaxe na raíz e o cabelo.
O Champú sólido elabórase artesanalmente en Allariz, o que fai que cada un deles sexa único e diferente.
Todos os beneficios obtidos coa venda dos xabóns destínanse a subvencionar os programas terapéuticos asistidos con burros para persoas con diversidade funcional da Asociación A.N.D.R.E.A.
......................................................
Xabón D'Allariz
Allariz (Ourense). Galicia.
xabondallariz@gmail.com
Tel/Whatsapp:
988 442534 696971670
Recibe as últimas novidades e descontos...
© 2023 xabondallariz. Tecnoloxía de Shopify